domingo, 14 de diciembre de 2014

Podcast da segunda parte da conferencia de Ángel Carracedo no IES de Poio

ÁNGEL CARRACEDO: O ADN É A MOLÉCULA DA VIDA.


DSC_0034
Busca a estrela e trata de alcanzala, non importa a distancia” ( consello da avoa de Ángel Carracedo).
O pasado xoves día 11 tivemos o honor de contar no noso centro co insigne científico galego Ángel Carracedo que impartiu unha magnífica conferencia dirixida ao alumnado de bacharelato. Esta conferencia estivo organizada polo Departamento de orientación, pola Vicedirección e pola Biblioteca do noso IES e foi todo un éxito xa que por ver primeira o alumnado non deixaba marchar ao conferenciante, as súas preguntas despedírono ata a mesma porta.
DSC_0040 DSC_0051
Entresacamos pois agora pequenos fragmentos da súa clase maxistral para tod@s os que por razóns de espazo non puidestes estar presentes:
“ O ADN é o libro das instrucións de todo o que somos; o inicio da vida prodúcese coa aparición da primeira molécula, o que non ten vida non ten ADN. No principio só había vida ( non había morte), as moléculas se xuntaron para ampliarse e así xurdíu a a necesidade da morte, oa organismos que non morren non poden dar lugar á vida. Trala morte tivo que xurdir a mutación, o cambio dunha letra de pais a fillos, a mutación é o motor da evoluciónetamén de problemas coma as enfermidades.”
“ O xenoma humano ten 23 pares de cromosomas, un libro de 3.300 millóns de letras, Frederick Songeré o pai do xenoma humano, o primeiro en interpretalo. O proxecto xenoma humano data de 1990 e no 2002 xa se tiña a secuenciación do mesmo.”
DSC_0057 DSC_0068
“ Temos máis de 7000 problemas xenéticos, síndromes ( de Down, de Williams, autismo…)  dos 25.000 xens so sabemos para que funcionan a metade deles. O problema da morte súbita é a identificación do xen afectado, o cancro trabállase na súa clínicapara descubrir a compoñente xenética que permitirá facer tratamentos personalizados para cada paciente”
A segunda parte da conferencia centrouse no tema da XENÉTICA FORENSE:
“ En 1985 descubríuse a importancia das pegadas dactilares ( Alec Jeffreys) que facilitou a realización de probas coma o test de paternidade co estudo das células mitrocondrias (que se atopan por exemplo na punta do cabelo), o noso ADN é mitocondrial e só o da nosa nai. Encandilounos logo facendo referencias a casos forenses reais coma o dos Romanov (Anastasia), o de Colón, asmandíbulas de Atapuerca ou o caso das nenas de Alcacer”
DSC_0087 DSC_0082
Houbo varias preguntas do auditorio e nunha deles se lle pedíu analizar o ADN de Cristobal Colón coa fin de demostrar que o navegante era oriundo de Poio e descubrir se realmente a súa identidade era a mesma que Pedro Madruga como defenden teorías varias moi de actualidade no noso concello.
Un pracer esta lección maxistral que nos soubo a pouco polo desde aquí invitamos ao profesor Carracedo a que nos visite, a nosa porta sempre estará aberta para el que se despedíu do noso alumnado cun sabio consello:
“ O traballo é a vida, elexide ben é a receita”

DSC_0079

martes, 2 de diciembre de 2014

Libros e doces: As CESTAS DE NADAL da BIBLIOTECA

Estas son as cestas de nadal que sorteamos na biblio entre tod@s aqueles e aquelas que levedes un fondo en préstamo.

Golosinas e libros para que pasedes un Nadal ben doceeeee….

viernes, 28 de noviembre de 2014

Conferencia de Ángel Carracedo no IES de Poio ( Mes da ciencia en galego nas bibliotecas).

Hoxe temos o pracer de confirmarvos que o vindeiro día 11 de decembro recibiremos no noso centro a visita do prestixioso xenetista galego Ángel Carracedo

Esta conferencia celebrarase grazas á colaboración do Departamento de Orientación, a Vicedirección do noso IES e da Biblioteca; por cuestións de calendario do doutor Carracedo terá lugar no mes de decembro pero está encadrada dentro da programación da campaña "Novembro, mes da ciencia en galego nas bibliotecas". O doutor é ademais o autor do manifesto co que se destaca esta campaña.





O profesor Carracedo, de gran prestixio internacional polos seus estudos sobre o ADN defende tamén a postura da necesidade da existencia dunha CIENCIA EN GALEGO.

Dentro das actividades desta campaña "mes da ciencia en galego na biblioteca" desde a biblioteca estase a fomentar a participación do alumnado do I certame literario "Relatos de auga intelixente" organizaco por Viaqua coa fin de celebrar o Día Mundial da Auga. Con este fin a asociación Ventos realizará un obradoiro sobre o uso responsable da augaco alumnado de 1º de ESO.

Sobre o uso responsable da auga deixámosvos este fermoso vídeo de "Abuela Grillo"sobre un mito ayoreo con música de Luzmilla Carpio ( en quechua, linguaxe minorizada de Bolivia):



                        

miércoles, 19 de noviembre de 2014

Aprendendo co móbil

Descargando o Dicionario da RAG; agora leváremos o dicionario sempre connosco, por se o precisamos:

 

Etiquetas de Technorati: ,,

martes, 11 de noviembre de 2014

Campaña NON AO MALTRATO, 25 Novembro.


domingo, 9 de noviembre de 2014

V Xornadas de Bibliotecas Escolares. Práctica de curación de contidos.


banner
20141108_101542
Esta fin de semana tivemos o pracer de asistir ás V Xornadas das BIBES e, coma sempre (menudo nivelón), volvemos con novas ideas e con moita aprendizaxe na mochila.
Imos pois a poñer en práctica o ensinado e tentar –humildemente- realizar unha práctica de “Curación de contidos”, é dicir reunir/seleccionar recursos que se presentaron nas xornadas  e comentalos, “dar sentido ao que outros crean” en palabras de Javier Guallar; sabemos que estes recursos deberían ter pasado pola web pero coma si pasaron un filtro tecnolóxico (foron recollidos na tablet e van estar recollidos na páxina das BIBES galegas e no seu repositorio ) dámos por válido ese filtro web.
20141107_173741
   Comezamos pois pola intervención de Ricardo Gómez e as súas mazás envelenadas da educación: o informe Pisa, a burocratización , os efectos perniciosos do bilingüismo, os inconvintes do mundo TIC e a ideoloxía implícita. A hisoria sempre nos dá leccións que permiten preparar o futuro. Unha ponencia, a de Ricardo Gómez, que nos permitíu sentar as bases do que viña deseguido, reflexionamos sobre a mitoloxía, a historia e o sistema educativo século XX? Mónica Baró vai completar esta ponencia coa súa ollada ao futuro.
20141108_103729
A biblioteca escolar ten sentido hoxe??? Sempre clara, concisa e directa Mónica Baró (un pracer escoitala) apórtanos as claves das BIBES do século XXI: Contribúen a mellorar o rendemento escolar (a súa función crítica é fundamental para nós), favorecen a competencia informacional, rompen a brocha dixital ( os que teñen e os que non teñen), facilitan o acceso físico e virtual aos recursos, etc… Hai un novo papel para a BIBE como novo espazo de aprendizaxe, é precisa unha evolución cara aos novos retos (debemos mudar as aulas e as aprendizaxes que faciliten o desenvolvemento do pensamento crítico e creativo): As novas competencias, o alfabetismo en información e en medios de comunicación.
20141108_115833_resized_1
A media mañá, Javier Guallar falounos de “A curación de contidos” (content curator= xestor de contidos, recoller o máis relevante sobre un tema específico, busca, selecciona, caracteriza e difunde). Nas BIBES relaciónase coa información dixital disponible na Rede, e innova; como a BIBE se relaciona coa súa comunidade de usuarios.”O profesor xa non é o que sabe senón o que FILTRA a información e a distribúe cun valor engadido, será un axente mediador de formación”. Recordatorio importante: Citar as fontes, filtrar e comentar. Moito que ver co labor que facemos nos blogs das BIBES.
20141108_180423
Rematamos sesións coa ponencia de Pérez Tornero sobre competencia mediática e formacional: “ Hai que renovar a escola, un novo mundo, novas linguaxes…precisamos unha NOVA ALFABETIZACIÓN. Debemos aceptar a PLURALIDADE e a COMPLEXIDADE das novas linguaxes, facer unha LECTURA PLURIDIMENSIONAL, formar na comprensión crítica do coñecemento; as lecturas de hoxe son plurais e colaborativas, debemos impulsar as múltiples linguaxes e a súa intertextualidade, tarefa de TOD@s (profesorado e todos os sectores do sistema educativo).

Creativo e reflexivo o traballo dos ponentes, imponente e participativo o das compañeiras e compañeiros das BIBES que presentaron as mesas de experiencias e excelente o labor d@s representantes da Asesoría deBIBES en todos os aspectos ( sen esquecer o grande valor nas tarefas dos representantes do CAFI e dos CEFORES).
Virán tempos de CRISE e innovación sen apoios… estaremos aí, case mil representantes das BIBES de Galicia, unha finde en Compostela.

martes, 28 de octubre de 2014

Cartas e marcapáxinas viaxeiros desde Biblioribeira:


Desde o IES Ribeira de Louro (Porriño) chegaron esta mañá cartas de amizade e marcapáxinas para celebrar o Día da Biblioteca. As caras de ledicia e ilusión podedes velas vós mesmos:

lunes, 27 de octubre de 2014

Inauguracion do curso lector: Día da biblioteca 2014



                          

Grandes palabras, grandes mulleres: Circe, Penélope, Morgana e Begoña Caamaño.

Queremos despedirnos hoxe dunha gran muller que recreou para nós coas súas palabras a Circe, a Penélope e a Morgana, cunha sensibilidade, cun bo facer feminino, cunha linguaxe que máis semella pinceladas nun lenzo ca unha historia narrativa.

Despedimos a Begoña Caamaño aínda que ela sempre estará con nós desde os andeis da nosa biblioteca, desde as fermosas páxinas das súas novelas.

Deixounos unha meiga das palabras galegas, do sentimento da muller, unha grande da nosa literatura.

Así falabamos dela nos clubs de lectura, vaia aquí a nosa humilde homenaxe:





martes, 21 de octubre de 2014

Traballamos "poemas roubados"


Blanca Besada, 2º ESO D

Preparando a celebración do Día da Biblioteca e a inauguración do curso lector 2014/15


Xa está todo en marcha para a celebración o vindeiro luns do Día da Biblioteca ao tempo que inauguramos o curso lector dos Clubs de Lectura.
Ese día recibiremos á corporación municipal do noso Concello que participaran activamente na celebración léndonos algún dos seus textos poéticos preferidos.
Un grupo de alumnos e alumnas do club de 3º de ESO lerán o pregón da biblioteca adicado este ano á figura de Ana Mª Matute, escritora que nos abandonou recentemente.


Os alumnos e alumnas de 2º de ESO lérannos tamén unha selección dos seus versos recreados e versos matemáticos:



e enviaremos o agasallo que están preparando para o alumnado do Club de lectira de Bibliorribeira de Porriño: uns fermosos marcalibros (feitos e deseñados por eles) co motivo do Día da Biblioteca:


viernes, 10 de octubre de 2014

Recreamos poemas: Paco é enfermeiro de Fran Alonso


Esta semana fixemos as primeiras recreacións poéticas deste curso a partir dun poema de Fran Alonso, "Paco é enfermeiro" que pertence ao seu poemario Cidades, que día a día imos lendo en 2º de ESO D; por certo que aos rapaces e rapazas estalles encantando e non deixan pasar clase sen lelo e recitalo. 
Usaremos estas recreacións propias para o recital do Día da Biblioteca que xa temos á volta da esquina.


                                    

En 2º de ESO ilustramos lecturas: As meigas de Lupa.


..." A avoa abriu a porta e a luzdo corredor iluminou dúas siluetas collidas do ganchete. Unha era unha muller bastante baixa, coma dun metro cincuenta, e moi gorda (...) vestía de rigoroso negro (...) A outra muller era moito máis alta e fraca, todo ósos. Tamén vestía de negro (...)"...

                            As meiga de Lupa de María Solar. Edicións Xerais.





Mochilas viaxeiras 2014/15








Xa están preparadas as nosas mochilas viaxeiras deste novo curso 2014/15 preparadas para saír á rúa; nerviosiñas elas, desexando que algún alumno ou alumna as leven para a súa casiña:





Xadrez na biblioteca: A biblioteca centro de recursos e de usos.

Unha boa mostra de que a nosa biblioteca é un centro de recursos e de usos ao servizo da comunidade educativa é esta nova actividade que temos no tempo de lecer e que ten moito éxito entre o novo alumnado de 1º de ESO:





NOVIDADES EN BANDA DESEÑADA NA BIBLIOTECA


domingo, 5 de octubre de 2014

Dez anos con Laura Gallego e Memorias de Idhun

Xa van dez anos da publicación do primeiro libro da triloxía de Memorias de Idhun - La Resistencia da autora valenciá Laura Gallego e que mellor podemos dicir desta obra de literatura fantástica para mozos e mozas senón que son dos libros máis gastadiños da nosa biblioteca, pasaron por tantas mans que quizais poida aventurar que son o best-seller dos nosos fondos de literatura xuvenil.

Parabéns a escritora por este feliz aniversario e que siga proporcionándonos moitas máis fantásticas e marabillosas historias que ler. 



lunes, 1 de septiembre de 2014

ÁMOTE LEO A., para comezar o novo curso co bo sabor das viaxes.

A escritora Rosa Aneiros sempre consigue namorarnos coa súa escrita; nesta ocasión e da man de Leo, a protagonista da triloxía: Ámote Leo A., lévanos polo mundo adiante durante seis meses, de Galicia ao norte de África, ao sabor de oriente en Istambul, Praga, París e o continente americano, Bos Aires, Cuzco...

Unha novela itinerante,  unha novela de aprendizaxe e formación de personaxes, Leo vai polo mundo de mochila ao lombo e cun escaso presuposto á procura dun soño, viaxar coma antes fixera o seu heroe literario: Marco Polo.

As obras teñen unha referencia literarias moi sólidas, desde As cidades invisibles de Italo Calvino  ás breves e múltiples recensións sobre obras e autores relacionados cos lugares por onde a protagonista vai pasando.

As novas tecnoloxías como fondo: Os novos medios de comunicación, de busca de información, de centrar de reservas e billetes... as novas formas de viaxar da xente nova que busca novos mundos e novas experiencias, o coñecemento doutras culturas, doutras xentes e doutros xeitos de interpretar a vida.

En xeral unha novela dinámica, fresca, cunha linguaxe clara e moi coidada no mellor estilo desta autora. Unha obra ideal para iniciar as lecturas deste curso que hoxe comeza cun doce sabor a liberdade, a liberdade que os soños e as viaxes nos proporcionan.



viernes, 13 de junio de 2014

Este verán recomendamos: ÁLBUM ILUSTRADO

Para iniciarnos no mundo da lectura e da escritura achegámosvos estas recomendacións de verán moi ben recomendadas xa que se basean en consellos lectores do poeta Raúl Vacas e da nosa amiga e compañeira Gracia Santórum.

Esperamos que vos gusten e gocedes delas co caloriño e o sabor, saboroso do mar.


sábado, 24 de mayo de 2014

ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO: A biblioteca encheuse de poesía.

As avelaíñas poéticas volveron voar ao noso arredor esta vez na nosa biblioteca e da man do poeta ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO; alumnado de 1º de ESO B, C e D que levan traballado a súa antoloxía "Un rato díxolle a lúa" todo o curso puideron escoitalo, falar con el e un privilexio: "Compoñer un poema conxunto" .

Algunha citas que os rapaces recolleron da súa charla poética foron:

"Cando alguén le un poema convírtese en poeta"
"Necesitamos a poesía"
" Antes a poesía era sinónimo de cursi, de persoas que viven na lúa"
"A poesía é vida, e sentimento, non é cursi"
"A semente está sementada"
"Que é o primeiro que hai que facer para escribir poesía: pensar, ter imaxinación, lapis e papel."
"Na época do franquismo necesitabamos expresarnos a través da poesía: os sentimentos, as reaccións, a impotencia; estabamos revelándonos a través da poesía"
"Non escribín poesía ata que empecei a ler poesía"
"Para escribir baséome na vida, no que ocorre ao meu redor"
"Os temas da miña poesía son o amor, o desamor, a natureza (O MAR), a situación dos inmigrantes..."

"Cantas veces pode un home mirar cara arriba antes de que poida ver o ceo".(Bob Dylan)

Antonio García Teijeiro on PhotoPeach

                         

sábado, 17 de mayo de 2014

Mil primaveras máis...

ESMERALDA

Herba pequerrechiña
que con medo sorrís
ó sol que vai nacendo
e morrendo sen ti,
¿ Por qué de ser pequena 
te me avergonzas ti?
O Universo sería
máis pequeno sin ti!


DÍAZ CASTRO, José María, Nimbos

miércoles, 30 de abril de 2014

Ningún amante sabe conducir. Rosalía Fernández Rial.

Presentamos este poemario de Rosalía Fernández Rial que vén de publicarse en Edicións Positivas, un poemario moi novidoso desde o punto de vista formal xa que mistura verso, prosa poética e teatro e tamén desde o punto de vista temático pois a velocidade, o erotismo e o sexo son as principais compoñentes do libro. Mais deixemos que a propia autora nos fale del nesta entrevista que lle fixeron na TVG:



A lectura deste poemario desconcertounos pero non nos defraudou mais ao contrario e como xa acontecera coa súa obra anterior Vinte en escena conmoveunos co seu lirismo e con moitas das imaxes dos seus versos; aínda ecoan nos meus oídos as "sereas con peixes nos beizos" da escea VII, " a luxuria do bidón con lume" da escea XVI que agora nesta nova obra soan coma "a soidade da lanzadora de coitelos" ou " a calzada que me queda para tocarte é un deserto en expansión".

Non deixedes de gozar da poesía desta moza chea de sensibilidade e de sabor e lembrade que estará con nós no Encontro poético de Tui. Xa vos contaremos á volta.

Rosalía Fernández Rial. Ningún amante sabe conducir. Edicións Positivas. 2014.
Rosalía Fernández Rial. Vinte en escena. Edicións Positivas. 2012.

Podedes coñecer máis sobre a súa obra no seguinte enlace do blog de EnREDandoversos pois foi a nosa poeta do mes de decembro: 

http://enredandoversos.blogspot.com.es/2013/12/en-decembro-con-rosalia-fernandez-rial.html 

sábado, 26 de abril de 2014

OBRADOIRO DE TANKAS NO DÍA DO LIBRO

Este curso quixemos ir un paso máis aló e despois do obradoiro de HAIKUS que fixemos o ano pasado, seguimos con poesía xaponesa, neste caso un obradoiro de TANKA.
Podedes ver os resultados:

viernes, 25 de abril de 2014

Día do Libro con Gabriel García Márquez.

Día do libro con Gabriel García Márquez on PhotoPeach




DÍA DO LIBRO: Estreamos as nosas MALETAS DE POESÍA.

E coma este ano xa nos iamos merecendo un regalo pois o 23 de abril estreamos as nosas maletas de poesía para empregar na Hora de Ler ou en calquera outro momento no que desexemos deixarnos mecer nos brazos das musas, ou de Raúl Vacas ou de Ana Mª Fernández, ou de Manuel Antonio ou de Rosalía, ou de Benedetti ou de Antonio Machado...

Son dúas maletas dirixidas unha delas a Bacharelato e outra á ESO e que comprenden poemarios en español e en galego cada unha delas; agora só queda esperar a que rulen...






                     

viernes, 18 de abril de 2014

"El amor en los tiempos de cólera" a nosa homenaxe a Gabriel García Marquez.

A nosa especial homenaxe a Gabriel García Márquez: Recuperamos o vídeo realizado polo noso alumnado, hoxe en 2º de bacharelato, para o proxecto Cinetura; daquela no club de lectura estábase lendo El amor en los tiempos de cólera. :

lunes, 14 de abril de 2014

PONLLE CARA Á CIENCIA

Libro colaborativo elaborado polo alumnado de 1º de ESO D e 2º de ESO C como apoio á exposición LER CIENCIA:

domingo, 13 de abril de 2014

viernes, 4 de abril de 2014

Fomos ao teatro: "Da Vinci tiña razón"

Entre as actividades programadas para a semana do LIX, no día de onte asistimos á representación da peza teatral "Da Vinci tiña razón".

O alumnado de 2º de bacharelato que participou na sesión, literalmente "riu a cachón" durante toda a obra; desconcertados no inicio pola trama, cada vez que os vía, o sorriso e a gargallada estaban pintados nas súas faces.

Xa desde o primeiro momento no que Quico Cadaval, director da obra, fixo a introdución, recolleron información a través do humor culto: o teatro é goce mais tamén é aprendizaxe.

Xa no centro realizamos unha reflexión sobre o significado da obra, a crítica social que fai, falamos da posta en escea, dos seis personaxes (incluído o cadro da Monalisa), dos xogos de luces e sombras... e como non, do Teatro do pánico e do surrealismo.

Esta é a memoria gráfica da actividade:

Estivemos no teatro: "Da Vinci tiña razón" on PhotoPeach

                   

Presentación do libro "O MEU MARABILLOSO SOMBREIRO"

Tras o obradoiro de kamishibai e xa dirixíndose ao alumnado de 1º de ESO en xeral, sempre dentro das actividades programadas para a semana do LIX, Suevia Sobral e Riu presentáronnos o libro-disco  "O meu marabilloso sombreiro" escrito por Akiko Ishihara ( a nai de Riu) e ilustrado pola propia Suevia Sobral (ex-alumna do noso instituto).

Despois das presentación aos noso alumnos e alumnas,  entrambos Suevia e Riu, representaron o conto co seu kamishibai que chamou moito a atención do alumnado, por ser a presentación na lingua galega e na xaponesa e pola técnica do propio teatrillo que eles descoñecían.




Para rematar a súa actuación, e tras varios ensaios entre todos despedímonos cantando unha fermosa canción do seu disco.


OBRADOIRO DE KAMISHIBAI. "O MEU MARABILLOSO SOMBREIRO"

Continuando coas actividades da semana do LIX, esta mañá recibimos na nosa biblioteca a Suevia Sobral e a Riu que nos visitaron para realizar un obradoiro de kamishibai co alumnado de clubs de lectura de 1º de ESO.

Foi unha visita moi especial se temos en conta que Suevia é ex-alumna do noso centro e os seus profesores e profesoras estabamos encantados de tela de novo entre nós.

Despois de ensinarnos como funciona un kamishibai a través da posta en escea do conto dos budas cantan ( bilingüe galego/xaponés), os rapaces e rapazas achegéronse para coñecer o teatriño máis de perto, facerlle preguntas e tomar nota dos seus consellos para que no futuro eles poidan poñelos en práctica:




Obradoiro de Kamishibai on PhotoPeach

                     

Rematamos a sesión cantando todos e todas xuntos unha canción popular xaponesa que está incluída no seu libro "O meu marabilloso sombreiro":


                    

miércoles, 2 de abril de 2014

DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL. ACTIVIDADES

Pincha nos enlaces que atoparás sobre a imaxe para ver as actividades programadas nesta semana co gallo da celebración do Día do Libro Infantil e Xuvenil.


DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL 2014

EXPOSICIÓN LER CIENCIA:

Exposición LER CIENCIA on PhotoPeach



LECTURA DO TEXTO DA OEPLI E CONTACONTOS:

CONTACONTOS NO DÍA DO LIX 2014 on PhotoPeach



martes, 1 de abril de 2014

Somos especiais, somos un encanto: Neurodiversidade.

MARÍA E MAIS EU

" O autismo é unha discapacidade permanente do desenvolvemento que se manifesta nos tres primeiros anos de idade. A tasa do autismo en todas as rexións do mundo é alta e ten un terrible impacto nos nenos, as súas familias, as comunidades e a sociedade."

Podedes atopar máis información sobre o tema na seguinte páxina do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo:

https://www.un.org/es/events/autismday/


Desde Biblioribeira (IES Ribeira de Louro) chéganos esta selección de lecturas, álbumes ilustrados, relacionadas coa neurodiversidade. A escolla foi realizada pola profesora Olga Lalín.
Unha recompilación a ter moi en conta e que podedes atopar en:

/http://www.pinterest.com/olgalalin/biblioribeira-neurodiversidade/

Lembremos que o día 2 de abril é o Día Mundial sobre o Autismo:

«El Día Mundial de Concienciación sobre el Autismo no tiene por único objeto generar comprensión; es una llamada a la acción. Insto a todas las partes interesadas a participar en la promoción de los avances prestando apoyo a programas de educación, oportunidades de empleo y otras medidas que ayuden a hacer realidad nuestro ideal común de un mundo más inclusivo.»

Mensaxe do Secretario General, Ban Ki-moon
co gallo do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, 2 de abril de 2014.


viernes, 21 de marzo de 2014

Día da Poesía 2014: Apadriñamentos lectores

Este ano celebramos o noso día da poesía dun xeito ben diferente, quixemos compartilo cos nenos e nenas de Educación Infantil do cole Isidora Riestra; ás dez da mañá, cargadiños cos nosos libros e baixo unha choiva constante abandonamos o noso centro para achegarnos ao cole donde nos esperaban.

Cando entramos na aula de catro anos, atopámonos cunha corentena de ollos que nos miraban con sorpresa e tal vez admiración. Tralas presentacións, cada un de nós colleu da man ao noso afillado ou afillada e uns cara a biblioteca, outros cara a aula de audiovisuais e outros na aula, nerviosos os pequenos e nerviosos os maiores, entramos no mundo máxico da lectura.

Cun libro por medio, cunha historia, cuns versos e sobretodo coas ilustracións fomos collendo confianza, as voces fóronse soltando e os sorrisos afloraron. 

Así durante unha hora que foi pequena, nos espazos voaron animais, personaxes máxicos, paisaxes, versos e letriñas e coas despedidas algúns xa querían vir connosco ao instituto.

Pero mellor falan as imaxes cás palabras:


DÍA DA POESÍA 2014 on PhotoPeach

jueves, 20 de marzo de 2014

DÍA DA POESÍA, 21 de marzo: Poesía visual

Para ir abrindo boca ao noso menú poético deste ano, un poema visual de Carmen Ansín, outro de Gonzalo Piñeiro e un poema ao xeito tradicional de Brais Rei, ambos de 4º de ESO A:


                          ImageChef.com

                                                         Carmen



Pequena flor de inmensidade branca,
na docura discreta da fonda fraga,
entre árbores na cama de verde terra.
Teito azul deste xardín sempre verde,
baixo suave infindo da súa tenrura,
cocolertas estelas do maxín sen teimas de tebras.
Nesta amable illa cuberta demamoas néboas,
crece a estrela branca no discreto aloumiño, 
deste mundo segredo por follas paxerido.

Brais.


Gonzalo.


E máis de poesía visual, os traballos de Jesús:

e de Paula: