martes, 29 de noviembre de 2011

MOTIVOS PARA LEER. III Congreso Leer.es




Os pasados días 25,26 e 27 asistimos en Madrid ao III Congreso de leer.es; extraemos neste post algunhas das frases dos participantes que nos pareceron moi significativas por crermos que deben ser obxecto de reflexión para todos os docentes:

"Traballemos con cousas simples e saquémoslles o máximo proveito" Jarrko Hautamäki

"Diminúe o pracer da lectura... Como conseguir que os xoves lean por pracer?" Ana Camps

"Permitamos a liberdade á hora de elexir as tarefas, negociemos" Felipe Zayas

"Lemos cuns obxectivos? Producimos algo?. Os novos soportes, as novas prácticas fixeron o labor máis complexo. Hai que crear situacións nas que ler e escribir teña sentido." Pilar Pérez Esteve

"Máis que mirar as imaxes as consumimos, hai que analizalas, interpretalas; a imaxe é un compendio de
elementos que debemos analizar. A imaxe xurde do texto. A imaxe é unha pregunta e o texto é a resposta" Montse Sampietro.

"Os alumnos necesitan entender a natureza das tarefas" Emilio Sánchez Miguel.

Preséntáronnos a Webcast  de formación de Leer.es:       http://videos.leer.es/


Sempre é unha oportunidade poder escoitar e reflexionar sobre a lectura, interaccionar con persoas doutras comunidades, debater e comentar as ponencias...magnífico colofón final " Saber leer, querer leer: Lectura y medios" de Ignacio Elguero, Ángeles Caso e Luís García Montero; moi interesantes as conversas de "Leer con arte".

miércoles, 23 de noviembre de 2011

MALTRATO

Desde Biblioribeira nos chega esta presentación de lecturas contra o maltrato (graciñas Paz)

25N - Contra o maltrato on PhotoPeach

miércoles, 16 de noviembre de 2011

Unha xoia pouco coñecida: A biblioteca do mosteiro de POIO


O mosteiro de Poio conserva unha das bibliotecas más importantes de Galicia, con fondos sobre historia, moral, economía, biblias, xenealoxías, viaxes, ordenanzas, dicionarios, arte e outros, facéndose a súa catalogación durante os últimos anos. A visita a esta biblioteca ten interés non só polos seus fondos senón porque se encontra nunhas grandes salas de cubertas con grandes arcadas. A sensación de afastamento sobrecolle.
De particular interés son unha Biblia sacra de 1561 e outra de 1609, a Biblia políglota en sete idiomas de 1655-57, un Dicionario trilingüe de 1639, a Crónica do rei Fernando IV de 1554, a Crónica de Juan II de 1517, a Crónica do rei don Pedro de 1549, un "Compendio de algunas historias de España" de 1577, a "Descripción del reino de Galicia" de 1550, unha "Historia natural" de 1516, as "Epístolas de Séneca" de 1510, o libro titulado "Del origen de la lengua castellana" de 1606, a "Conquista de las Indias Malucas", o libro "Guerras de los Estados Baixos" de 1625, o "Nobiliario do Conde de Barcelos" de 1646, o "Nobiliario de Galicia" de 1677, as "Ordenanzas de la Audiencia de Galicia" de 1679, unha "Historia de la conquista de China" de 1670 e tamén conta con algúns incunables e un pergamino en rollo, supostamente cuns "Comentarios al libro de Esther".
As enciclopedias de arte con excelentes fotografías, os libros de oracións, os devocionarios, edicións de obras clásicas de Menéndez Pelayo, Menéndez Pidal e outros autores se encontran en perfecto estado de conservación.

Colaboración do profesor Luís Lope de Guereñu.

O percorrido de Miguel Strogoff. Xulio Verne

En 1876 publicou Xulio Verne unha novela sobre a fazaña de Miguel Strogoff percorrendo boa parte de Siberia para dar aviso dunha invasión tártara en Rusia. Os tártaros eran mongoles que se atopaban no centro de Asia. O chamado correo do tsar, Strogoff, viaxou desde Irkutsk, ao suroeste do lago Baikal, en dirección oeste ata Moscova, pasando por Nizhni Udinsk, Kamsk, Krasnoiarsk, Achinsk, Mariinsk, Semilovskoie, Tomsk, Kolivan, Ubinsk, Kamsk (ao norte do lago Chani), Kulikovo (aquí pasando o río Istish, afluente do Obi), Omsk, Kulatsinskoe, Tiunkalinsk, logo pasando o río Ishim en dirección a Ishim, Novo-Zaimskoe, Yalutorowsk (ao norte dunha zona pantanosa), Tiumen, Tuluguinsk, Yekaterimburgo, Perm (a beiras do río Kama, afluente do Volga), Kazan e Nizhni Novgorod (ambas as cidades a beiras do Volga), Wladimir e Moscova.
Primeiro as rexións foron montañosas, tendo que buscar os vales accesibles, logo os terreos cubertos pola taiga, zonas lacustres, xeadas, con vexetación arbustiva nalgunhas zonas, ata atravesar pola parte máis accesible os montes Urales, en Yekaterimburgo, ata alcanzar o val do Kama e logo o do alto Volga. A paisaxe é fantástico, hostil en ocasións, nevado case sempre, salvo no verán, cando as flores de campanillas, os ranúnculos e os pétalos amarelos asoman na gran planicie. 

Filípides, a principios do século V antes de Cristo, percorreu corenta quilómetros para avisar aos atenienses da vitoria sobre os persas en Maratón. Se tal xesta fose certa -o que non está claro- foi útil aos atenienses, porque os preparativos para a guerra cambiaron o seu curso. Filípides morreu quizá non tanto do esforzo no percorrido como polas feridas que soportou durante toda a súa carreira logo de haber paticipado na batalla. Strogoff non fará a súa viaxe só, cheo de perigos, con segredos que gardar en favor do tsar, pero conseguirá a súa proeza. 

Filípides e Strogoff son personaxes de ficción, pero nos introducen nun mundo de heroes, de patriotas, de grandes percorridos en favor dunha causa, sempre a defensa contra o invasor.

                  Colaboración do profesor JOSÉ LUÍS LOPE DE GUEREÑU


lunes, 14 de noviembre de 2011

Book-trailer de "Los juegos del hambre"

En esta época de escasez de lectores (aunque en este instituto no nos podemos quejar) hay que agudizar el ingenio para captarlos. La tendencia que se está abriendo camino es la de los Book trailers, similares a los avances cinematográficos, que, de forma llamativa, esbozan los temas de una nueva obra. Aquí os dejamos el video trailer de Los juegos del hambre; si los comentarios de nuestros lectores no llegan para que os sumerjais en su lectura, quizás el visionado de este video te lleve a pedir el libro en tu biblioteca más cercana.

domingo, 13 de noviembre de 2011

BUBISHER: O PAXARO QUE TRAE A BOA SORTE

A través da ponencia de Loli Lago (O segrel do Penedo) no congreso Bibliotecas escolares en tránsito, tivemos coñecemento da existencia de Bubisher; na páxina de facebook deste fermoso proxecto que leva os libros e a biblioteca escolar aos nenos refuxiados saharauis, atopámonos con este conmovedor vídeo que nos amosa o traballo que están a realizar. Isto lémbrame o beneficioso poder da lectura en tempos de crise  como constata a antropóloga francesa Michelle Pettit ( El arte de la lectura en tiempos de crisis) e a xenerosa tarefa dos facilitadores da lectura (a nosa admiración e os nosos parabéns para eles)

BUBISHER: http://www.bubisher.com/

Desde o noso blog queremos axudar a difundir e expandir a súa obra e desexamos que reflexionedes sobre estas lectoras imaxes: